O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Febreiro 15th, 2011 at 21:26

“A mata”, nova entrega do proxecto ‘O Meu Son’

“O MEU SON” é un proxecto de SonCine. Os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO de Porto do Son levan unha cámara fotográfica Lumix compacta para casa e filman o seu lugar preferido. Hoxe os alumnos presentan un vídeo sobre a matanza nunha casa do rural. Discutimos sobre se subir ou non este material á rede. Decidimos que si, non hai crueldade nos feitos, hai conciencia, mesmo respeto. O sacrificio prodúcese conforme ás normas cunha aparello de ar comprimido. Despois de morto o animal sángrase ao xeito tradicional. Calquera pode comparar isto con vídeos da web onde se reflicten as condicións nas que son criados, transportados, e sacrificados, de maneira industrial, os animais dos que nos alimentamos diariamente e dará un duro paso cara a conciencia do horror. En calquera caso pensamos que facernos concientes deste suceso é tamén educación. Por outra parte a filmación capta os sucesos de maneira natural e realista.

O proxecto en Certo. O Xornal Virtual do Barbanza

Etiquetas: , , , , ,
-

Comments are closed.