O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Decembro 18th, 2010 at 12:24

Os relatos máis terroríficos do ‘I Concurso de Relatos de Medo’

Si, si… imos con retraso na entrega dos premios. Non sodes só vos os que andades apurados en época de exames. Pero xa está. Despois dunha lectura atenta dos vosos terroríííffficccooossss relatos, o selecto xurado vén de recoñecer como GAÑADORES a…:

1º ciclo:

Fernando Sieira Rodríguez (3º D)

Pablo Ventoso Trillo (1º D)

2º ciclo:

Iván Luaces Romero (3º A)

Rocío Vázquez de la Iglesia (4º B)

Bacharelato:

Cintia Pouso Tubío (1º A)

Nuria González Pouso (1º A)

NORABOA!!!

Animámosvos a seguir participando nos concursos convocados dende a Biblioteca e Normalización. Poñede en marcha as cabeciñas, creade, forzade as palabras, as imaxes, procurade camiños, cavorcos na linguaxe, collede aire, cabreádevos co substantivo que se resiste, volvede para atopar o termo perfecto, ou imperfecto, disfrutade e facédenos disfrutar…

Por certo, segue aberto o prazo para participar no CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA: non remata ata o 14 de xaneiro. Veña, o Nadal é unha boa época para matematizar a nosa visión e capturar a imaxe precisa!

E falando de MATES, imos coa resposta AO TERCEIRO ENIGMA:

Damos a volta aos dous reloxos ao mesmo tempo e cando acabe o de 7 minuntos comezamos a contar o tempo. Quedan catro para que acabe o de 11 minutos. A seguir damos a volta de novo ao de 11 minutos e, ao acabar, son 4+11=15.

Etiquetas: , , , , ,
-

Comments are closed.