O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Novembro 28th, 2010 at 13:42

Viaxamos a Auvers e Venecia con Marcos Calveiro

O Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega organizaron este pasado venres un coloquio co escritor Marcos Calveiro, que conversou co alumnado de 1º de Bacharelato e de 3º da ESO das súas novelas Seteccento e O pintor do sombreiro de malvas, respectivamente.

Calveiro mostrou, apoiándose nunha presentación, os espazos e ambientes da Venecia do XVII e mais os personaxes de Seteccento. Do mesmo xeito, reproduciu, a través dos cadros e cartas da etapa de Van Gogh en Auvers e de fotografías de distintas épocas, unha panorámica sobre figuras e localizacións de O pintor do sombreiro de malvas. Deste modo, ratificou como certos sucesos pertencentes ás historias que rozaban a ficción e mantivo abertas á imaxinación historias inacabadas, vidas por vivir.

Abriuse logo unha quenda de preguntas, máis frutífero entre o alumnado de terceiro. Finalmente, con humor ante a cámara de Vinte Dez que ese día manexaba Anxo, respondeu as preguntas da entrevista preparada po r Nerea e Paula, do grupo de audiovisuais de 3º D.

E si, quedou claro, Calveiro quere que o luns gañe o Barça!

Etiquetas: , , , , ,
-

Comments are closed.