O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Abril 23rd, 2010 at 11:22

“A caverna de Platón”, nova entrega de Vinte Dez TV

Platón érguese da súa tumba máis de dous mil anos despois de morto e atópase ante un gran pesadelo. A caverna que el mesmo describiu como exemplo do peor e máis decadente do ser humano tense realizado e consumado no aparato do televisor… Amigos! tras máis de vintecinco séculos de historia, de novo, ante nós, máis real que nunca… A caverna de Platón!!

Este é o argumento da obra que O Teatro Resoante representou no noso centro para o alumnado de Filosofía de 1º de Bacharelato. N’A caverna de Platón asistimos a unha aposta didáctica que abre as portas ao saber como acción e experiencia e que explota as posibilidades dun coñecemento emocional. O Teatro Resoante crea un espazo diferente para unha aprendizaxe diferente, é o comezo dunha racionalización diferente, aberta, o ágape posterior á aprendizaxe racional, un tempo compartido, o mito da caverna.

E os rapaces e rapazas de Vinte Dez TV tiveron moitas dificulatades para rodar, moi pouca luz, moitas distorsións de son, etc.

No lugar foi toda unha experiencia, desde logo.

a caverna de platón from SonCine on Vimeo.

Etiquetas: , , , , , ,
-

Comments are closed.