O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Xuño 22nd, 2011 at 22:20

As nosas recomendacións literarias: ‘Os lobos de Moeche’, de Manuel Cráneo

Os lobos de Moeche , publicado por Demo Editorial, é un cómic que escribiu Manel Cráneo baseándose na guerra dos irmandiños. Neste trátase a historia dun rapaz chamado Martín que vivía no século XV, presionado pola nobreza galega. El e a súa nai repartíanse as tarefas da casa, xa que seu pai morrera e seu irmán marchara en busca dun mellor futuro.  Na vida de Martín todo comeza a cambiar a partir dun estraño pesadelo. A causa dun terrible suceso, seu irmán voltará para buscalo e , xuntos, coa compaña da Santa Irmandade, emprenderán unha viaxe e comezarán unha guerra pola loita dos seus dereitos.

Eu creo que é un bo libro porque dá a coñecer como vivían antigamente os campesiños, como sufriu moita xente a guerra dos irmandiños. A min gustoume como conta a historia, polo vocabulrio tan sinxelo que utiliza e porque dá a coñecer, dun xeito “divertido” datos que eu descoñecía. Por outra banda, resultoume algo complicado, ás veces, recoñecer os personaxes. Ademais tamén me fixo reflexionar sobre a sorte que teño de vivir nesta época.

Neste enlace podedes ler unha entrevista ao autor sobre e obra.  Este é o avance da editorial:

Adriana Olveira Rego, 3ºESO A

Etiquetas: , , ,
-

Comments are closed.