O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Xuño 5th, 2011 at 09:50

Manolo González, XII Premio Leixapén

Seguimos editando materiais sobre o evento que o pasado venres 27 de maio se celebrou no noso Instituto, o Encontro do Audiovisual Escolar Galego e a entrega do XII Premio Leixaprén, e adiantamos que nos próximos xa poderemos ver a curta que parte do alumnado asistente gravou baixo a dirección do profesor Fernando de Castro no Obradoiro de Rodaxe.

Agora imos cos discursos da entrega do XII Premio Leixaprén a Manolo González. Sede indulxentes coa calidade da imaxe e do audio: os medios de produción son os que son nos IES.

De parte de SonCine, aos 200 mozos e mozas, aos 30 docentes, aos profesionais do cine, ao Concello do Son, que estivestes aquí naquel día; e a ti Manolo, á volta de tantos camiños e ao comezo de moitos máis, o noso agradecemento.

Cinema, entusiasmo e apertas para tod@s vós.

Etiquetas: , , , ,
-
1
  • O meu Son | Caderno de Lingua
    13:28 on Xullo 2nd, 2011 1

    […] o ramo a este curso dedicado ao audiovisual (Cinefórum, Encontro do Audiovisual Escolar Galego, XII Premio Leixaprén a Manolo González, exposición o cinema e cartaces), nada mellor que a última peza do noso Son,  o documental […]