O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Maio 29th, 2011 at 18:42

Cartelería e cinema para engalanar o noso trimestre audiovisual

O pasado xoves, na véspera da gran festa que foi o Encontro do Audiovisual Escolar Galego e a entrega do XII Premio Leixaprén, estreouse no recibidor do instituto unha exposición sobre “O cinema e os carteis” elaborada polo alumnado de 3º da ESO baixo a coordinación de Alfonso Pérez, profesor de Educación Plástica e Visual. Esta mostra vén completar o proxecto interdisciplinar do curso, que ocupa nos últimos meses o traballo dos Equipos da Biblioteca e Normalización Lingüística, Audiovisuais, EPeV, Lingua Galega, etc.

Como poderedes ver, o labor desenvolvido nas aulas de Educación Plástica pagou ben a pena e volve mostrar uns resultados excepcionais tal e como fixeron no curso pasado en torno á banda deseñada. Moitos parabéns aos artistas!!!

Etiquetas: , , , ,
-
2
  • alumnado
    19:45 on Maio 29th, 2011 1

    eem.. non e x nada en especial pero os dos carteis foi tamen 3ºC non sei xq os marxinades a eles..e o de 3ºB nanai eeHH q nos neso non traballamos….

  • O meu Son | Caderno de Lingua
    13:31 on Xullo 2nd, 2011 2

    […] (Cinefórum, Encontro do Audiovisual Escolar Galego, XII Premio Leixaprén a Manolo González, exposición o cinema e cartaces), nada mellor que a última peza do noso Son,  o documental (unidade didactica audiovisual) “A […]