O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Maio 8th, 2011 at 20:16

As nosas recomendacións literarias: ‘O vixía no centeo’, de J. D. Salinger

Jerome David Salinger naceu en New York no ano 1919 e comezou escribindo relatos para os periódicos desta cid ade. O vixía no centeo (The catcher in the rye) foi publicado en 1951 e fíxose rápidamente moi popular entre críticos e mozos.

Se realmente queredes saber de que vai esta historia, a primeira cousa que debe int eresarvos e onde nacín e como foi a miña piollosa infancia…

Con estas mesmas palabras comeza un dos libros máis polémicos nos seus principios e que reuniu máis adeptos dende que apareceu na escena editorial. Clásico da literatura norteamericana, foi lido por millóns de persoas en todo o mundo. O seu vocabulario sen tabús, unha historia que podería ser real. Todo esto catapultou este libro á fama.

Holden Caulfield, quen non se indentificou con este personaxe?, quen non sentiu o que el? quen non tivo os mesmos temores? Personaxe de carácter romántico, este mesmo carácter lévao a unha continua visión negativa do mundo, a desprezar os seus habitantes e os seus actos. De personalidade forte, ideas fixas e intelixencia esperta.

Estes elementos fan d’O vixía no centeo un libro máxico e apaixonado.

Antía Castelo (4ºB)

Etiquetas: , , , ,
-

Comments are closed.