O Clube da Lingua do IES de Porto do Son

linguason

Xuño 21st, 2011 at 22:28

“Ás voltas coa lingua”, unha invitación para (re)pensar a lingua dende o humor

A cita é mañá e serán dous pases, ás 10:30 e ás 12:30, para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.

Eles son Josito, Antía Vidal, Rubén Ventoso, Mareque, María González, Nazareth e Ángel Glez. Mariño.

Forman o Grupo de Teatro do noso instituto baixo a dirección de Ánxela Doval.

Interpretarán textos de Made in Galiza, de Séchu Sende, porque no Son…


Estamos con ela

Nin sequera podemos imaxinar como teríamos sido nós se non decidisemos que ela formara parte da nosa vida. Tampouco se trata de se tería sido mellor ou peor, senón de que sería sinxelamente diferente e é precisamente iso o que nos resulta dificil de imaxinar: vivir sen ela.

O que temos claro é que se decidimos facelo foi porque nos parece interesante, porque con ela nos sentimos ben, porque nos fai descubrir cousas, porque confiamos nela e nos dá confianza e sabemos que ela sente o mesmo por nós. E porque cando nos demos conta soubemos que xa non e ra posíbel vivir sen estarmos xuntos. Que nos necesitabamos.

Queríamos reflexionar un pouco sobre todo isto e recordar que decidir vivir con ela foi unha das mellores eleccións da nosa vida.

Queríamos dicírvolo sinceramente: cambiou a nosa vida, e debémoslle tantas cousas…

Queríamos dicirlle grazas.

E queríamos dicirvos que estamos con ela, a nosa lingua.

Adaptación do relato “Estou contigo”, de Séchu Sende.

Etiquetas: , , , , ,
-

Comments are closed.