Coñecemos a través de Certo, o Xornal Virtual do Barbanza, que a produtora Alén Filmes está buscando figurantes para gravar en Ribeira «El legado celta». En concreto, solicítanse homes con pelo longo e barba e mulleres con melenas e o cabelo sen tinxir. Algo sabemos no IES de Porto do Son disto xa que durante o curso pasado foron vistos brincando polo Castro de Baroña dous homínidos fortemente armados que ben poderían formar parte do documental de Alén Filmes.
Esta posta en escena foi o resultado final dun laborioso traballo dos alumnos de Antropoloxía de 1º de Bacharelato C, que presentaron aquí un traballo sobre os pasos evolutivos dos homínidos máis salientables: o Autralopithecus, o Homo Erectus, o Homo Neanderthaliensis e o Homo Sapiens.
Nota do 23 de setembro:
De interese arredor deste tema, Xurxo Ayán asina o artigo «Un castro de película» no xornal Certo.






