O luns 21 e martes 22 de xuño os mozos e mozas do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do noso instituto achegáronse aos colexios de Sobrado-Nebra, Campanario, Xuño e Caamaño para contarlles historias aos nenos e nenas de infantil e, no caso de Nebra, de Primaria. Para nós foi unha experiencia moi fermosa, emocionante e chea de incertidumes e nervos, pois era a primeira vez que exerciamos de contacontos en público.
Queremos darlles as grazas ás profesoras e profesores destes colexios pola súa acollida e comprensión, a Ánxela Doval polo seu bo facer na preparación das contadas e os contadores, a David Pérez polo traballiño (outro máis!) e a sensibilidade desta nova montaxe de Vinte10 TV e a Sonia Ces pola compañía.
E aos nenos e nenas de Porto do Son, polas súas olladas cómplices.
Queremos, tamén, darlles os nosos parabéns polas súas historias a Rocío, Leticia, Alba, Cristian, Claudia, Ramón, Bruno, Antía, Lucía, Noelia e Ainhoa, aos que lles pedimos, xunto con Suso, Jonathan, María e Daniel, que sigan facendo do clube de lectura un lugar de encontro e aprendizaxes.
as palabras máxicas from SonCine on Vimeo.







20:39 on Xullo 2nd, 2010 1
Tiveron éxito as miñas recomendacións?
09:59 on Xullo 3rd, 2010 2
Ola Gracia,
Tiveron, claro que tiveron, o malo é que non se poden ver as caras de todos os nenos por aquilo das imaxes, senón xa comprobarías como interactuaron cos contadores, especialmente cando escoitaban «O gato sol».
Grazas outra vez máis polas túas recomendacións e orientacións.
Román
09:48 on Setembro 4th, 2010 3
[...] que recollen algunhas accións do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do IES de Porto do Son. Esta peza, alicerce dunha experiencia de continuidade da cadea da lingua (os rapaces e rapazas de ESO contan [...]
19:57 on Abril 12th, 2011 4
[...] no curso pasado polo Clube de Lectura, o Clube da Lingua e SonCine, como foron a Viaxe a Viana e as As palabras máxicas, nos III Encontros das Bibliotecas Escolares de Galicia. Etiquetasaudiovisuais, [...]